Keltoi é o equipo de fútbol gaélico que representa a Vigo na Liga Galega de Fútbol Gaélico
Fundouse en agosto de 2014, e forma parte da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Esta asociación está recoñecida a nivel internacional e con carácter oficial pola GAA, o máximo organismo dos deportes gaélicos.